sábado, 5 de febrero de 2011

Aleluia Demo.

Título Orixinal: Akuma ga Hallelujah.

Autor: Kamaro Kikuchi.

Categoría: 1 tomo (incompleto).

Xénero: Romance, comedia.

A historia que dá nome ao tomo ten dous capítulos, e a súa protagonista é Kaede, membro do club de xornalismo da escola católica á que asiste.
O seu obxectivo agora é descubrir quen se esconde detrás dos ataques a varios dos mellores estudantes do seu instituto, e as súas sospeitas diríxense cara a Kuroba, un mozo groseiro e maleducado do que din que foi delicuente.
Pero ese non é o único misterio ao que se enfronta. Unha noite, mentres buscaba pistas, foi atacada por un encapuchado e salvada por un mozo que vestía un hábito, aínda que non conseguiu verlle a cara a ningún dos dous.

Para descargar: